Axudas para a adquisición de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 para o ano 2021

 

Primeiro. Obxecto e réxime das axudas

1. Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2021 as subvencións para a adquisición de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 (en diante, Plan 2018-2021), que se tramitarán co código de procedemento VI435A.

 

Segundo. Bases reguladoras

As bases reguladoras das subvencións obxecto desta convocatoria están recollidas na Resolución do 12 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda do Plan 2018-2021 e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento VI435A), publicada no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) núm. 8, do 11 de xaneiro de 2019.

 

Terceiro. Crédito orzamentario

1. As subvencións obxecto desta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.81.451B.780.1, por un importe total de 800.000 euros e financiaranse con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Cuarto. Requisitos das persoas beneficiarias

1. Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que, tendo menos de 35 anos na data de presentación da correspondente solicitude, reúnan os seguintes requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española ou, no caso de seren estranxeiras, ter a residencia legal en España.

b) Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM).

Este límite será de catro veces o IPREM se se trata dunha familia numerosa de categoría xeral ou se dentro da súa composición existen persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a seguir. O referido límite será de cinco veces o IPREM cando sexa unha familia numerosa de categoría especial ou na súa composición existan persoas con algunha das seguintes discapacidades:

i) Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

ii) Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.

c) Ter subscrito con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021 un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda, que reúna os seguintes requisitos:

– Que a vivenda estea localizada nun concello pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes.

– Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a cen mil euros.

– Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.

d) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude

e) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

f) Que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

g) Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español.

h) Que nin á persoa solicitante nin ás demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia se lles teña revogado ou fosen obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda prevista neste ou no anterior Plan estatal de vivenda, por incumprimento ou causa imputable a aquelas.

2. Así mesmo, poderán solicitar as citadas axudas aquelas persoas que presentasen unha solicitude de subvención ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se convocaron as subvencións para a adquisición de vivenda xestionadas polo IGVS para o ano 2020 (DOG núm. 23, do 4 de febreiro de 2020), e lles fose denegada por esgotamento do crédito previsto na convocatoria.

3. No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa, cada unha das persoas propietarias deberá cumprir os requisitos sinalados no parágrafo anterior para poder ser beneficiaria da axuda.

 

Quinto. Datos fiscais e valor do IPREM para a concesión das axudas

Os datos fiscais que se terán en conta nesta convocatoria para a concesión das axudas corresponderán ao exercicio económico 2019.

 

Sexto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o 1 de setembro de 2021 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, que será publicado no DOG.

 

Sétimo. Solicitudes

2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

4. No modelo de solicitude, a persoa solicitante deberá realizar as seguintes declaracións:

a) Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia solicitou ou obtivo ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales e a súa contía.

b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que lle sexa concedida á persoa solicitante ou a calquera das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, para a mesma finalidade.

c) Compromiso de que a vivenda vai constituír a súa residencia habitual e permanente por un prazo de, polo menos, cinco anos, contados desde a data da formalización da escritura pública de compravenda.

d) Compromiso de ocupar a vivenda no prazo máximo de tres meses, contados desde a súa adquisición.

e) Declaración responsable de que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia están ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións

f) Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

g) Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia está incursa nas causas de inhabilitación para a obtención de axudas.

h) Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia é propietaria e/ou usufrutuaria dunha vivenda situada no territorio español.

j) Declaración responsable de que todos os datos da solicitude son certos

 

Décimo segundo. Órganos competentes para instruír e resolver os procedementos

  1. A instrución do procedemento é competencia da Dirección Técnica de Fomento do IGVS.
  2. Correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do IGVS resolver sobre a concesión das axudas.

 

Décimo terceiro. Procedementos de concesión e requirimentos de emenda

  1. Os procedementos iniciaranse de oficio, en réxime de concorrencia non competitiva, mediante a publicación das correspondentes convocatorias.
  2. Se a solicitude presentada non reunise os requisitos exixidos, requirirase a persoa solicitante para que no prazo de dez (10) días hábiles a emende ou achegue os documentos preceptivos
  3. De conformidade co establecido nos artigos 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os requirimentos de emenda poderanse facer mediante publicación no DOG e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará na páxina web do IGVS.

 

Décimo cuarto. Resolución e recursos

  1. A resolución estimará, desestimará ou declarará a inadmisión da axuda solicitada. 2. A resolución estimatoria recollerá a obriga da/das persoa/s beneficiaria/s de achegar, no prazo que se determine na correspondente convocatoria, a escritura pública de compravenda que acredite a adquisición, no suposto de non tela achegado con anterioridade.
  2. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do procedemento será de tres (3) meses, contados desde a data de presentación da solicitude
  3. Contra a resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Presidencia do IGVS. O prazo de interposición deste recurso será dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

 

Décimo quinto. Xustificación das subvencións

  1. As persoas beneficiarias deberán xustificar a subvención mediante a achega da documentación especificada no ordinal décimo noveno da citada Resolución do 12 de decembro de 2018. 2. A documentación xustificativa das subvencións concedidas deberá presentarse antes do 30 de novembro de 2021.

 

Accede al DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2021 para ver las bases completas