• Persoas beneficiarias.

 

As persoas físicas ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Ter unha sede de actividade na Zona Urbana Santiago Norte do Concello de Santiago.

 

Para as empresas que inclúan entre os gastos a xustificar gastos de creación de empresa esixiranse ademáis os seguintes requisitos:

  • Iniciar a súa actividade entre o 1 de xuño de 2013 e o 11 de setembro de 2015.
  • Non ter desenvolvido a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores.
  • Non poderán ser persoas beneficiarias da presente subvención as persoas xurídicas resultado da fusión doutras pre-existentes.

 

  • Gastos subvencionables.

 

  • Compras de mercadorías e materias primas sempre e cando teñan carácter promocional.
  • Gastos de investigación e desenvolvemento.
  • Servizos profesionais independentes.
  • Transportes
  • Primas de seguros.
  • Publicidade, propaganda e relacións públicas.

 

Para as empresas que teñán iniciado a súa actividade entre o 1 de xuño de 2013 e o 11 de setembro de 2015 terán a consideración de gastos subvencionables os seguintes:

 

  • Gastos de captación e adestramento de persoal.
  • Gastos de formación e información das persoas promotoras (cursos, etc.)
  • Rexistro de patentes e marcas.
  • Gastos de publicidade e relacións públicas necesarios para o lanzamento da actividade.
  • Gastos precisos para a formalización da sociedade (asesoría, etc.).
  • Gastos de inicio de suministro (pero nón o suministro).
  • Gastos de formalización de entradas en asociacións, algueres, franquías… sempre que non poidan ser considerados como inmovilizado.
  • Cuotas de inscrición en colexios profesionais.
  • Non serán subvencionables en ningún caso os investimentos en activo non corrente.

Esíxese un mínimo de 1.000,00 € (IVE excluido) en gastos xustificados para poder concorrer a esta convocatoria.

 

  • Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo xeral de presentación de solicitudes rematará o 11 de setembro de 2015.