Persoas beneficiarias.

Poderán resultar beneficiarios das axudas previstas nesta convocatoria as persoas físicas ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:

 

  • Iniciar a súa actividade económica entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 11 de setembro de 2015.
  • Ter a súa sede social, fiscal e de actividade no Concello de Santiago.
  • A súa actividade empresarial sexa viable económica, financeira e tecnicamente.
  • Non percibisen subvencións ao abeiro do programa de axudas Santiago Investors Support nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
  • Non desenvolvesen a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade.
  • Non poderán ser persoas beneficiarias da presente subvención as persoas xurídicas resultado da fusión doutras pre-existentes.

 

Gastos subvencionables.

Terán a consideración de gastos subvencionables os considerados como correntes realizados e pagados entre o un de xaneiro de 2015 e o 11 de setembro de 2015 nos seguintes conceptos:

 

  • Custo de persoal (salario e seguridade social) contratado por conta allea, cuotas autónomos (RETA ou calquera outro réxime especial por conta propia da seguridade social) do empresario individual e socios, e cuotas das mutuas dos colexios profesionais.
  • Compras de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos.
  • Gastos de investigación e desenvolvemento.
  • Arrendamentos e canons.
  • Reparacións e conservacións.
  • Servizos profesionais independentes.
  • Primas de seguros.
  • Publicidade, propaganda e relacións públicas.
  • Subministros
  • Gastos de formalización de constitución da sociedade se é o caso.
  • Non serán subvencionables en ningún caso os investimentos en activo non corrente.

 

Esíxese un mínimo de 1.500,00 € (IVE incluido) en gastos xustificados para poder concorrer a esta convocatoria.

 

Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo xeral de presentación de solicitudes rematará o 11 de setembro de 2015.